Tuesday 07 de May de 2024

Uns corenta veciños e veciñas de Oroso participan nunha xornada sobre drones


Máis de corenta veciños e veciñas de Oroso participaron esta fin de semana nunha charla sobre drones que tivo lugar no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. Unha xornada dirixida por Fernando Beteta, da empresa Aerosar, quen fixo unha primeira charla teórica sobre a historia dos drones, analizando temas relacionados como a lexislación aplicable, as súas características e as súas aplicacións prácticas (fotografía e vídeos aéreos, operacións de busca e salvamento, labores de vixilancia e observación…). Beteta estivo acompañado por un dron profesional, que puido ser examinado polos veciños e veciñas de Oroso que así o quixeron unha vez rematada a explicación teórica.